fiestras
Galego Español English

RESUMO


Crecente Asociados é unha oficiña de arquitectura e consultoría adicada á posta en valor dos recursos naturais e culturais a través dun turismo sustentable, baixo a especialización do Turismo de Saúde co desenvolvemento de proxectos arquitectónicos de establecementos balnearios e de talaso e planes estratéxicos de termalismo e consultoría termal.

O coñecemento deste sector levounos a propoñer o presente proxecto de investigación. Esta proposta busca a definición dos enclaves axeitados para o desenvolvemento da Talasoterapia en Galicia, dentro dun marco planificado, respectuoso co medio ambiente, atento á posta en valor dos nosos recursos, singularizando a oferta de Galicia como Pais Atlántico, e recuperando o noso patrimonio
cultural para conquerir un producto turístico diferenciado e xerador de riqueza e un desenvolvemento local sostible e perdurable.

Parte da base do recoñecemento do Turismo como primeira industria mundial, é das oportunidades de desenvolvemento que pode representar se se leva acabo dun xeito ordenado, e compatible co entorno.

Dos inmensos recursos mariños de Galicia, hoxe desaproveitados, e da súa idoneidade para a creación de novos productos de calidade.

Os recursos paisaxísticos e naturais que encerran as nosas costas, e a necesidade de apostas estratéxicas que expliciten a súa posta en valor é unha nova lectura do desenvolvemento territorial.
A existencia dun rico patrimonio cultural: arquitectónico e de arqueoloxía industrial, hoxe esquecido e en claro risco dedesaparición.

O sumatorio do entorno global e as novas demandas de turismo saudable, dos valiosos recursos da costa galega, e dun traballo científico multidisciplinar, lévanos a propoñer este proxecto:

A TALASOTERAPIA
COMO MOTOR DE
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
PARA GALICIA